More servicesWindows Live
HomeHotmailSpacesOneCare
 
MSN
Sign in
 
 
Spaces home  O Rincón de Candia'86PhotosProfileFriendsMore Tools Explore the Spaces community

O Rincón de Candia'86

Todas as novas das que se fai eco o Rincón a un click, Mondoñedo, A Mariña e demáis nesta lista, a partir de 2.008 o Rincón amplia horizontes...
¿Queres colaborar no Rincón?
8/13/2008

Festas agosto pub Tal e Cual

Achegámosche as festas que terán lugar durante este mes de agosto no pub TAL E CUAL de Mondoñedo, grazas a Manuel por facilitarnos os carteis dos eventos, comunicarvos ademáis, que os xoves deste mes de agosto o puf Tal e Cual abre as súas portas para celebrar o terceiro CAMPIONATO DE FUTBOLÍN!!!
 
Animádevos e participade das festas deste local, ademáis como xa sabes tamén conta co BINGO.
 
Pasádevos por MONDOÑEDO
 
 

 
 
 

 

 

CANDIA'86  

8/12/2008

Especial Foz, S. Lourenzo 2.008

Espectacular S. Lourenzo 2.008

 

 

         Un ano máis o S. Lourenzo en Foz, foi todo un referente turístico para milleiros de persoas que se achegaron ata esta vila mariñeira da nosa provincia; por primeira vez esta web ofréceche un reportaxe do que foron estas festas, que sen dúbida son unhas das máis populosas de todas cantas se celebran na Mariña de Lugo. Xa o ano pasado che ofrecéramos un vídeo cos fogos de S. Lourenzo, pero este ano vamos máis ala, facendo un pequeno reportaxe, aparte os albumes de fotos xa existentes nesta web como son “Costa de Foz” e “Álbum dos nosos Avós” traemos un novo álbume que se estrea de contado co nome “S. Lourenzo 2.008”, onde poderedes atopar varias fotos dos fogos pirotécnicos, e algunhas dos postos nas rúas, así como unhas panorámicas dende o alto do Bispo Santo.

 

         Como xa diciamos, estas festas son todo un éxito turístico, ano tras ano, sendo cada vez máis e máis a xente que se achega ata Foz para desfrutar do verán e as súas festas, sen esquecernos tamén do Carme.

 

         Este ano o S. Lourenzo contou con actos como o concerto estelar de Danza Invisible que cativou a miles de fieis da súa música que encheron o paseo de Ribeira e os arredores; non menos especial foi tamén o concerto de Pastora, que tivo tamén un gran número de seguidores. Pero o S. Lourenzo no remata aí, se non que a música dalgunha das mellores orquestras de Galicia está presente tamén en Foz, así como centos de postos nas rúas próximas ao porto da vila. Tamén unha feira do libro, queimadas, sardiñadas e ata un campus informático conseguen encher durante estes días un espectacular cartel do S. Lourenzo, que esta web che ofrece integro nunha entrada anterior.

 

         So me queda emprazarvos a que visitedes os albumes antes mencionados, así como tamén por segundo ano consecutivo, olledes o vídeo dos FOGOS DE S. LOURENZO, un vídeo de gravación propia con música tamén escollida por esta web. Podedes ver o vídeo entrando na sección de vídeos deste espacio ou tamén no seguinte enlace: Fogos S. Lourenzo 2.008 ou ao pe destas liñas.  Esperemos que todos estes novos ingredientes que achegamos ata a web sexan do voso agrado.

 

Foz un pobo mariñeiro que se gañou o título honorífico de “Perla da Mariña” e que ano tras ano nos amosa todo o seu esplendor durante a época estival.

 

Un saúdo a todos, especialmente as xentes traballadoras de Foz, que por motivos laborais no puideron desfrutar dos fogos pirotécnicos, para eles especialmente está adicado o vídeo.  

 

   

 

Candia’86

8/7/2008

S. Lourenzo 2.008, Foz

O Rincón de Candia’86 ofréceche o programa íntegro dos festexo do S. Lourenzo no concello veciño de Foz, boas festas a tod@s.

 

S. LOURENZO 2.008 FOZ

 

Venres 1

 

23,30.- Concerto de Pastora no paseo de Ribeira.

 

Sábado 2

 

19,00.- Encontro de corais Galaico-Astur na sala Bahía.

 

Domingo 3

 

20,00.- Espectáculo Rúa. Purgatorio! Santos Vs. Pecadores. Praza do Conde Fontao.

21,30.- Mostra. Mostra folclórica Internacional “Escúela Superior de Música y danza de Monterrei” (México). No Paseo de Ribeira.

 

Luns 4

 

17,00.- Concurso de Debuxo. Patrocinado por Coca-Cola no Paseo de Ribeira. (Inscricións na Casa da Cultura e Bibliopraia).

21,00.- Trío Mei. Basílica de San Martiño (Foz). Patrocina Xacobeo. Programa Artes no Camiño.


Martes 5

 

22,00.- Proxección dunha película. Prado Longo. No patio do colexio nº 1.

20,30.- Pregón a cargo de José Ramón Gómez Besteiro (Presidente da Diputación Provincial de Lugo) na Casa da Cultura.


Mércores 6

 

17,00.- Xogos infantís. Na praia da Rapadoira. Inscrición na Casa da Cultura e Bibliopraia.

21,00.- Ars Combinatoria. Na basílica de S. Martiño de Foz. Patrocina Xacobeo, programa artes no camiño.

 

Xoves 7

 

23,30.- Concerto de Danza Invisible, no paseo de Ribeira.

 

Venres 8

 

18,00.- Pasarrúas a cargo do grupo mexicano Chiguagua.

21,30.- espectáculo de Danza Infantil, Búho y Marabillas, los músicos de Brenes. Patio do colexio nº 1.

22,30.-Orquestra Os Satélites na explanada do Porto.

24,00.- Concerto do grupo mexicano Chiguagua no paseo de Ribeira.

 

Sábado 9

 

12,00.- Desfile de Xigantes e Cabezudos.

22,00.- Festa verbena coa actuación da orquestra Scala Royal (Madrid) na explanada do Porto.

23,30.- Concerto de Bratch (Programa culturavaia) no Paseo de Ribeira.

 

Domingo 10 (día de S. Lourenzo)

 

12,00.- Misa cantada polo Coro de Foz e procesión coa Banda de Música de Viveiro (Patrocina Deputación Provincial de Lugo, area de cultura) e Gran Traca.

13,00.-Concerto da Banda de Música de Viveiro na Praza do Conde Fontao.

21,30.- Gran verbena coa actuación da orquestra Scala Royal (Madrid) na explanada do Porto.

1,00.-Gran Sesión Pirotécnica con espectáculo musical no Paseo de Laredo.

23,30.- Concerto do grupo cubano Vocal Tempo no paseo de Ribeira.

 

Luns 11

 

22,00.- Verbena coa actuación da orquestra Os Trobadores na explanada do Porto.

23,30.- Concerto de Berrogüeto (patrocina Caixanova) no Paseo de Ribeira.

 

Martes 12

 

17,30.- Concurso de Castelos de Area na praia da Rapadoira (Patrocina Coca-Cola), inscricións na Casa da Cultura e Bibliopraia.

 

Mércores 13

 

Festa do polbo. Degustación do polbo nos establecementos hostaleiros de Foz e no posto do Paseo de Ribeira.

21,30.- Mostra folclórica de adultos no Paseo de Ribeira.

 

Xoves 14

 

Festa do Polbo. Degustación do polbo nos establecementos hostaleiros de Foz e no posto do Paseo da Ribeira.

23,00.- Festa da Queimada organizada pola Asoc. “A Subela” no Paseo de Ribeira.

 

Venres 15

 

Party Informático.- durante todo o día no colexio O Cantel.

20,00.- Mostra folclórica infantil no paseo de Ribeira.

21,30.- Entrega de premios dos diferentes concursos no paseo de Ribeira.

 

Sábado 16

 

Party Informático.- durante todo o día no colexio O Cantel.

20,00.- Festa e sardiñada no barrio de Marzán.

23,30.- Sidonie no paseo de Ribeira.

 

Domingo 17

 

Party Informático.- durante todo o día no colexio O Cantel.

22,00.- Danza/Tango. Marco González – Tango Argentino, no patio do colexio nº 1.

 

Luns 18

 

22,00.- Proxección da película Bee Movie no patio do colexio nº 1, patrocinado por Caixanova.

 

Martes 19

 

22,00.- Proxección da película The Holiday no patio do colexio nº 1, patrocinado por Caixanova.

 

Mércores 20

 

21,00.- Concerto de Hippocampus na basílica de S. Martiño de Foz. Patrocina Xacobeo, programa artes no camiño.

 

De xoves 21 a domingo 24

 

Feira do libro na praza do Conde Fontao

 

De luns 25 a domingo 31

 

22,00.- Semana de Teatro afeccionado, ao aire libre, patrocinado polo restaurante “O Mar” no Patio do colexio nº 1.

 

13 a 14 de setembro

 

Festa do Pemento do Couto.- Durante todo o día ofreceranse nos establecementos de Foz diferentes pratos elaborados con Pementos do Couto. Patrocina Cooperativa de Narón.

 

--------------------------------------------

 

ORGANIZAN:

 

Concello de Foz

IGAEM (Instituto Galego das artes escénicas e musicais)

CAIXAGALICIA

CAIXANOVA

OMIC

Radio Foz

xacobeo

Deputación Provincial de Lugo

Xunta de Galicia – Consellería de Innovación e industria, dirección xeral de turismo

Xunta de Galicia – Consellería de cultura e deporte, dirección xeral de creación e difusión cultural

 

COLABORA:

 

Auto Escúela Mundial.

 

 

---------------------------------------------

 

O Rincón de Candia’86

 

 

XVII edición do Mercado Medieval de Mondoñedo

XVII MERCADO MEDIEVAL DE MONDOÑEDO

 

Como xa é tradicional a cidade de Mondoñedo celebra en agosto o seu mercado medieval, un dos de máis sona en Galicia. Este ano será os vindeiros días 9 e 10 e cumprira a súa edición número dezasete; aquí vos deixo o programa dos actos festivos para o voso desfrute.

 

 

PREVIA MERCADO

 

Venres 8 de agosto

 

23,00.- Actuación do grupo folk “Leña Verde” de Pol, na praza do Concello.

 

Sábado 9 de agosto (día do turista)

 

10,30.- Saída dende a casa do Concello da comitiva formada polo Merino e Merina e Soldados do Mariscal Pardo de Cela cara á Praza da Catedral.

 

11,00.- Apertura do Mercado Medieval. Demostración e venda de productos artesáns de alfarería, forxa, cantería, serigrafía, sillería e coiro. Venda de productos típicos da terra.

Desfile de personaxes por toda a Cidade.

Degustación gratuíta de liscos, pan, viño e cervexa ao longo de toda a maña.

Exhibición de cetrería na Praza da Catedral.

 

11,30.- Pasarúas a cargo da compañía Art-Monium e o grupo de zancudos Zancalino Produs.

 

12,00.- Circo Allegro na Praza da Catedral.

 

12,30.- Maese Seisdedos, percorrerá as rúas da cidade.

 

13,00.- Actuación dos alumnos da Escola Municipal de Música “O Pallarego”.

 

13,30.- Exhibición de cetrería na Praza da Catedral.

 

17,00.- Xogos populares na Praza da Catedral, a cargo das Escolas Deportivas Municipais de Mondoñedo.

 

18,00.- Animación de rúas a cargo do grupo Zancalino Produs.

 

18,30.- Maese Seisdedos percorrerá as rúas da cidade.

 

19,00.- Actuación de Circo Allegro.

 

19,30.- Exhibición de cetrería na Praza da Catedral.

 

20,30.- Pasarúas a cargo da compañía Art-Monium.

 

21,00.- Cea Medieval. (Polo asado, xamón, empanada, pan e viño). Prezo 10,00 €, inclúe unha táboa conmemorativa). Venda de ticket´s: Oficina de Turismo e Praza da Catedral.

 

22,00.- Gran espectáculo “Terra” a cargo da compañía Art-Monium na Praza da Catedral.

 

DOMINGO 10 DE AGOSTO

 

11,00.- apertura do Mercado Medieval, demostración e venda de productos artesáns de alfarería, forxa, cantería, serigrafía, sillería e coiro. Venda de productos típicos da terra.

Desfile de personaxes por toda a Cidade.

Degustación gratuíta de liscos, pan, viño e cervexa ao longo de toda a maña.

Exhibición de cetrería na Praza da Catedral.

 

12,00.- Animación na rúa a cargo de Zanlino Produs.

 

12,30.- Actuación de Kote malabar na Praza da Catedral.

 

12,30.- Maese Seisdedos percorrerá as rúas da cidade.

 

13,00.- Actuación de Circo Allegro.

 

13,30.- Exhibición de cetrería na Praza da Catredral.

 

17,00.- Xogos populares na Praza da Catedral, a cargo da Asociación de Xogos Tradicionais “O Cadaval” e as escolas deportivas municipais de Mondoñedo.

 

18,00.- Maese Seisdedos percorrerá as rúas da cidade.

 

18,30.- Actuación de Kote Malabar na Praza da Catedral.

 

19,30.- Exhibición de cetrería na Praza da Catedral.

 

20,00.- Animación na rúa a cargo de Zancalino Produs.

 

20,30.- Actuación de Circo Allegro.

 

21,30.- Clausura da XVII Edición do Mercado Medieval de Mondoñedo.

 

 

Nota: durante os dous días da feira, os visitantes poderán achegarse a desfrutar do Taller de Proceso de la e do taller de Tiro con arco. Ambos ubicados na Praza do Seminario.

 

---------------------------------------

 

ORGANIZÁN: