More servicesWindows Live
HomeHotmailSpacesOneCare
 
MSN
Sign in
 
 
Spaces home  O Rincón de Candia'86PhotosProfileFriendsMore Tools Explore the Spaces community

O Rincón de Candia'86

Todas as novas do Rincón a un click
¿Queres colaborar no Rincón?
4/29/2008

As Quendas 2.008

Feiras e festas de "As Quendas 2.008" e XXV edición da "Festa da Empanada"
 
 
As Quendas 2.008 xa están ahí xunto coa edición XXV da paralela Festa da Empanada. Esta ano as sonadas festas prolóngarense dende o vindeiro mércores 30 ate o sábado 3 de maio, sábado organizado polos feirantes e hostaleiros de Mondoñedo que decidiron prolongar un día máis a festa na cidade. Ao pe destas liñas deixovos o programa destas festas, e anímovos a tod@s que participes das mesmas facendonos unha visita por Mondoñedo aprobeitando tamén esta ponte festiva.
 
MÉRCORES 30 DE ABRIL

19:00h - Disparo de potentes bombas anunciando o inicio das festas.
19:30h - Saída do Concello da comitiva formada poas Autoridades, Pregoeira, membros da Comisión de Festas e Raíña e Damas das Festas, cara o auditorio. Estarán acompañandos polo grupo de gaitas "Os Reichos".
20:00h - Pregón no auditorio de Dona Alicia Tella Villamarín Ferreiro (bibliotecaria na biblioteca pública Pena Trapero). Seguidamente actuación do orfeón.
21:30h - Festa verbena coas orquestras "Suavecito" e "Jerusalén".

XOVES 1 DE MAIO - DÍA DE AS QUENDAS

10:30h - Disparo de potentes bombas de palenque anunciando o día grande.
11:00h - Apertura do recinto feiral.
12:00h - Degustación e venta de empanadas na Alameda.

13:30h - Entrega de premios do concurso de gando no campo da feira.
14:00h - 
Sesión vermú amenizada por un grupo musical.
17:30h - Xogos populares na Alameda.
20:00h - Teatro O Bordelo, representación da obra "RIP Marandaina" no auditorio municipal.
21:30h - Festa verbena coas orquestras "Sintonía de Vigo" e "Costa Oeste".

VENRES 2 DE MAIO

10:30h - Disparo de potentes bombas de palenque anunciando o inicio da xornada festiva.
14:00h - Sesión vermú amenizada por un grupo musical.
18:00h - Festival infantil a cargo da Asociación Xuvenil Xoldra na Casa da Xuventude.
19:30h - Teatro infantil na Casa da Xuventude. Representación por parte de Xoldra da obra "¿Qué pasou con María Caperucita".
21:30h - Festa verbena coas orquestras "Noche de estrellas" e "TVG".

SÁBADO 3 DE MAIO (Dia organizado polos hostaleiros mindonienses e feirantes)

22:30h Festa verbena coa orquestra "Azúcar".
 
Un saúdo
 
Candia'86
 
4/21/2008

Novas actualizacións no Rincón

As mellores imaxes voltan ao “Rincón de Candia’86”

 

            Tras un breve parón no cal este space non viu ningunha actualización, volvemos con máis forza que nunca, con case 100 novas imaxes para o voso disfrute.

 

            No albume atardecer atoparedes novas instantáneas captadas esta mesma fin de semana dende a praia dos Castros en Ribadeo, non vos perdades estas imaxes.

 

            Tamén un novo albume adicado ao deporte, as escolas deportivas da mariña reuníronse no colexio do Pilar en Foz, para facer entrega dos seus premios nas categorías inferiores de Baloncesto, Fútbol-Sala, Tenis de Mesa... nembargantes decir que a nota negativa foi a ausencia en todas as disciplinas deportivas das escolas mindonienses.

 

            E por último e non por iso menos importante, traemos ata o Rincón imaxes da fermosa veciña Asturias, un albume que a dicir do seu autor é o mellor dos tres que se vos presentan nesta ocasión. Desta volta achegámonos ata Salas, O Viso, Cornellana ou Luarca para captar novas imaxes que traer ata este space.

 

            Esperamos que desfrutedes con estas instantáneas, ao igual que desfrutamos nos cando disparamos os obxectivos das nosas cámaras.

 

           

            Un saúdo

 

 

Candia’86

 

2/19/2008

Carnaval 2.008 Lourenzá

O pásado domingo día 10 foi o escollido na veciña localidade de Lourenzá para desfrutar da maxia de D. Carnal. Centos de disfraces e de visitantes estiveron a encher de cor e son as rúas laurentinas.
 
O Rincón de Candia'86 ofréceche un completo álbum fotográfico co que se inicia tamén a galería correspondente a este 2.008.
 
Un saúdo
 
Candia'86
1/8/2008

2.008, 3º ano do Rincón na rede

Un ano máis o Rincón de Candia'86, segue na rede.
 
2.008, terceiro ano deste space na rede, e un ano máis intentaremos informar dos acontecementos máis importantes que sucedan en Mondoñedo, tanto con novas, como por suposto, con imaxes a engadir ao xa extenso álbume. Tamén por suposto intentaremos incluir novos recunchos da nosa terra galega, como xa comezamos a facer o pasado ano.
 
2.007 trouxo ata o Rincón un novo record de visitas totais nun ano, así como o record total de visitantes nun día e nun mes; o fin de semana da Concentración Moteira, e o mes de agosto así como todo o ano 2.007 de especial importancia grazas as vosas visitas.
 
Neste 2.008, seguimos adiante, esperamos tamén contar coas vosas visitas ao igual que nos anteriores anos deste space en Internet.
 
E para comezar 2.008 traemos o anuncio dunha nova web con raíces mindonienses, cheganos desde o barrio dos Muíños, e quedara enlazada na sección de web´s amigas deste space. A dirección da páxina é a seguinte: http://recunchinho.mywebcommunity.org/index.html, esa é a dirección de enlace pero por suposto a web ten o seu propio nome que é: "O Recunchiño". Nesta web atoparedes gran información sobre Mondoñedo, música, fotos, debuxos, poemas, libros do autor e outros. Dende aquí anímobos a entrar neste novo recuncho de Mondoñedo en rede, unha nova páxina que ben a engrandecer a xa de por sí extensa lista de páxinas, coas que Mondoñedo conta na rede. Tamén coa chegada desta páxina queremos animar a Zalo, un compañeiro que deixou de actualizar o seu blogue fai tempo, e gustaríanos que volverá a el, xa que era todo un referente de obrigada visita na rede.
 
Saúdos a todos e feliz ano 2.008, esperámosbos como sempre no "Rincón de Candia'86"
 
 
12/19/2007

Fomento do Fútbol-Sala en Mondoñedo

Mondoñedo vivirá unha xornada adicada ao fomento do deporte, coa presenza do 2º adestrador do Azkar de Lugo.
 
Dentro da colaboración que todos os anos presta o Azkar Lugo F.S. á Delegación de Deportes do Concello de Mondoñedo para o fomento do fútbol-sala, este mércores 26 de decembro de 2007 visitará as escolas Cadramón, segundo adestrador do devandito equipo.

As actividades empezarán as 18:45 no Edificio de a Mariña Central coa entrega por parte do Alcalde D. Manuel Orlando González Cruz e do Concelleiro de Deportes D. Xusto Fernández Haro de material deportivo para o alumnado das escolas deportivas que compiten dentro da actividade de Deporte Escolar organizada pola Xunta. Este ano contamos con 52 pícaros, formando en total catro equipos de fútbol-sala.


Ás 19:00 empezará unha charla coloquio por parte de Cadramón sobre: "O FÚTBOL-SALA NA ELITE". Esta charla dividirase en dúas partes, por un lado falarase dos medios audiovisuais no fútbol-sala de elite, e por outra parte de como se move un equipo en división de honra.

Esta visita terá unha parte práctica na que participarán xogadores da liga local de fútbol-sala de Mondoñedo. Cada equipo poderá mandar un xogador que xoga neste como representante á devandita sesión. Esta parte práctica será ás 21 horas no Polideportivo Municipal de Mondoñedo sendo a mesma unha sesión práctica na que se traballarán tarefas de adestramento para un equipo competición de elite.

Invítase a todos os adestradores da zona e xogadores dos distintos equipos de par nas devanditas charlas e na sesión práctica, considerando esta actividade unha boa oportunidade de achegarse doutra forma ao fútbol-sala de elite.
 
(Información obtida de: http://deporteenmondonedo.blogspot.com)
 
Candia'86
 
View more entries
 
Vídeos de lugares e eventos varios. Grabación propia, confección e montaxe propios. By Candia'86