![]() |
|
Spaces home O Rincón de Candia'86PhotosProfileFriends | ![]() |
|
4/29/2008 As Quendas 2.008Feiras e festas de "As Quendas 2.008" e XXV edición da "Festa da Empanada"
As Quendas 2.008 xa están ahí xunto coa edición XXV da paralela Festa da Empanada. Esta ano as sonadas festas prolóngarense dende o vindeiro mércores 30 ate o sábado 3 de maio, sábado organizado polos feirantes e hostaleiros de Mondoñedo que decidiron prolongar un día máis a festa na cidade. Ao pe destas liñas deixovos o programa destas festas, e anímovos a tod@s que participes das mesmas facendonos unha visita por Mondoñedo aprobeitando tamén esta ponte festiva.
MÉRCORES 30 DE ABRIL
19:00h - Disparo de potentes bombas anunciando o inicio das festas. 19:30h - Saída do Concello da comitiva formada poas Autoridades, Pregoeira, membros da Comisión de Festas e Raíña e Damas das Festas, cara o auditorio. Estarán acompañandos polo grupo de gaitas "Os Reichos". 20:00h - Pregón no auditorio de Dona Alicia Tella Villamarín Ferreiro (bibliotecaria na biblioteca pública Pena Trapero). Seguidamente actuación do orfeón. 21:30h - Festa verbena coas orquestras "Suavecito" e "Jerusalén". XOVES 1 DE MAIO - DÍA DE AS QUENDAS 10:30h - Disparo de potentes bombas de palenque anunciando o día grande. 11:00h - Apertura do recinto feiral. 12:00h - Degustación e venta de empanadas na Alameda. 13:30h - Entrega de premios do concurso de gando no campo da feira. 14:00h - Sesión vermú amenizada por un grupo musical. 17:30h - Xogos populares na Alameda. 20:00h - Teatro O Bordelo, representación da obra "RIP Marandaina" no auditorio municipal. 21:30h - Festa verbena coas orquestras "Sintonía de Vigo" e "Costa Oeste". VENRES 2 DE MAIO 10:30h - Disparo de potentes bombas de palenque anunciando o inicio da xornada festiva. 14:00h - Sesión vermú amenizada por un grupo musical. 18:00h - Festival infantil a cargo da Asociación Xuvenil Xoldra na Casa da Xuventude. 19:30h - Teatro infantil na Casa da Xuventude. Representación por parte de Xoldra da obra "¿Qué pasou con María Caperucita". 21:30h - Festa verbena coas orquestras "Noche de estrellas" e "TVG". SÁBADO 3 DE MAIO (Dia organizado polos hostaleiros mindonienses e feirantes) 22:30h Festa verbena coa orquestra "Azúcar". Un saúdo
Candia'86
4/21/2008 Novas actualizacións no RincónAs mellores imaxes voltan ao “Rincón de Candia’86”
Tras un breve parón no cal este space non viu ningunha actualización, volvemos con máis forza que nunca, con case 100 novas imaxes para o voso disfrute.
No albume atardecer atoparedes novas instantáneas captadas esta mesma fin de semana dende a praia dos Castros en Ribadeo, non vos perdades estas imaxes.
Tamén un novo albume adicado ao deporte, as escolas deportivas da mariña reuníronse no colexio do Pilar en Foz, para facer entrega dos seus premios nas categorías inferiores de Baloncesto, Fútbol-Sala, Tenis de Mesa... nembargantes decir que a nota negativa foi a ausencia en todas as disciplinas deportivas das escolas mindonienses.
E por último e non por iso menos importante, traemos ata o Rincón imaxes da fermosa veciña Asturias, un albume que a dicir do seu autor é o mellor dos tres que se vos presentan nesta ocasión. Desta volta achegámonos ata Salas, O Viso, Cornellana ou Luarca para captar novas imaxes que traer ata este space.
Esperamos que desfrutedes con estas instantáneas, ao igual que desfrutamos nos cando disparamos os obxectivos das nosas cámaras.
Un saúdo
Candia’86
2/19/2008 Carnaval 2.008 LourenzáO pásado domingo día 10 foi o escollido na veciña localidade de Lourenzá para desfrutar da maxia de D. Carnal. Centos de disfraces e de visitantes estiveron a encher de cor e son as rúas laurentinas.
O Rincón de Candia'86 ofréceche un completo álbum fotográfico co que se inicia tamén a galería correspondente a este 2.008.
Un saúdo
Candia'86 1/8/2008 2.008, 3º ano do Rincón na redeUn ano máis o Rincón de Candia'86, segue na rede.
2.008, terceiro ano deste space na rede, e un ano máis intentaremos informar dos acontecementos máis importantes que sucedan en Mondoñedo, tanto con novas, como por suposto, con imaxes a engadir ao xa extenso álbume. Tamén por suposto intentaremos incluir novos recunchos da nosa terra galega, como xa comezamos a facer o pasado ano.
2.007 trouxo ata o Rincón un novo record de visitas totais nun ano, así como o record total de visitantes nun día e nun mes; o fin de semana da Concentración Moteira, e o mes de agosto así como todo o ano 2.007 de especial importancia grazas as vosas visitas.
Neste 2.008, seguimos adiante, esperamos tamén contar coas vosas visitas ao igual que nos anteriores anos deste space en Internet.
E para comezar 2.008 traemos o anuncio dunha nova web con raíces mindonienses, cheganos desde o barrio dos Muíños, e quedara enlazada na sección de web´s amigas deste space. A dirección da páxina é a seguinte: http://recunchinho.mywebcommunity.org/index.html, esa é a dirección de enlace pero por suposto a web ten o seu propio nome que é: "O Recunchiño". Nesta web atoparedes gran información sobre Mondoñedo, música, fotos, debuxos, poemas, libros do autor e outros. Dende aquí anímobos a entrar neste novo recuncho de Mondoñedo en rede, unha nova páxina que ben a engrandecer a xa de por sí extensa lista de páxinas, coas que Mondoñedo conta na rede. Tamén coa chegada desta páxina queremos animar a Zalo, un compañeiro que deixou de actualizar o seu blogue fai tempo, e gustaríanos que volverá a el, xa que era todo un referente de obrigada visita na rede.
Saúdos a todos e feliz ano 2.008, esperámosbos como sempre no "Rincón de Candia'86"
12/19/2007 Fomento do Fútbol-Sala en MondoñedoMondoñedo vivirá unha xornada adicada ao fomento do deporte, coa presenza do 2º adestrador do Azkar de Lugo.
Dentro da colaboración que todos os anos presta o Azkar Lugo F.S. á Delegación de Deportes do Concello de Mondoñedo para o fomento do fútbol-sala, este mércores 26 de decembro de 2007 visitará as escolas Cadramón, segundo adestrador do devandito equipo. As actividades empezarán as 18:45 no Edificio de a Mariña Central coa entrega por parte do Alcalde D. Manuel Orlando González Cruz e do Concelleiro de Deportes D. Xusto Fernández Haro de material deportivo para o alumnado das escolas deportivas que compiten dentro da actividade de Deporte Escolar organizada pola Xunta. Este ano contamos con 52 pícaros, formando en total catro equipos de fútbol-sala. Ás 19:00 empezará unha charla coloquio por parte de Cadramón sobre: "O FÚTBOL-SALA NA ELITE". Esta charla dividirase en dúas partes, por un lado falarase dos medios audiovisuais no fútbol-sala de elite, e por outra parte de como se move un equipo en división de honra. Esta visita terá unha parte práctica na que participarán xogadores da liga local de fútbol-sala de Mondoñedo. Cada equipo poderá mandar un xogador que xoga neste como representante á devandita sesión. Esta parte práctica será ás 21 horas no Polideportivo Municipal de Mondoñedo sendo a mesma unha sesión práctica na que se traballarán tarefas de adestramento para un equipo competición de elite. Invítase a todos os adestradores da zona e xogadores dos distintos equipos de par nas devanditas charlas e na sesión práctica, considerando esta actividade unha boa oportunidade de achegarse doutra forma ao fútbol-sala de elite. (Información obtida de: http://deporteenmondonedo.blogspot.com)
Candia'86 12/14/2007 Novo deseño en mindonium.comMindonium estrea novo diseño na súa web
A nosa páxina amiga www.mindonium.com, estrea novo diseño na súa portada. Suso o seu webmaster, aposta por cores máis chamativas para modificar de forma rádical a portada do seu lar na rede.
Dende aquí saudamos a esta web e a o seu rexedor, aprobeitando para felicitalo polas modificacións apreciadas, e tamén agradecendolle todas as colaboracións establecidas.
Candia’86 Novo álbume de fotos, e segundo aniversario da 1º imaxe no spaceNovo álbum de fotos
O Rincón de Candia’86 amplia horizontes, e trae ata os albumes fotográficos un novo lugar da xeografía galega, xa son preto de 3.000 as fotos que podedes ollar neste space; ademáis a publicación deste albume, ten tamén outro simbolismo especial, este domingo día 16 cúmprense dous anos dende que neste space se colgou a primeira instantánea, unha foto da Alameda dos Remedios, e con motivo desta data e das case 3.000 imaxes deste space chega ata o mesmo Pontevedra e os seus arredores.
Este último albume recolle imaxes da cidade de Pontevedra, os seus lugares máis emblemáticos e tamén unha boa selección de fotos nocturnas da cidade ou panorámicas. Aparte de Pontevedra, neste novo albume tamén poderedes ollar imaxes de lugares como o Mosteiro de Poio, os hórreos, rúas e cruceiros de Combarro, un precioso atarceder dende a praia, de Montalbo, unha panorámica da illa de Tambo, imaxes da coñecida illa da Lanzada, ou tamén o conxunto paisaxístico que se forma no lugar dos Muíños do río Barosa.
Descubrir o esplendor do Mosteiro de Poio, coas súas imaxes e toda a beleza do seu exterior; as amables xentes de Combarro, xunto cun paseo polas súas estreitas rúas, en calquera esquina atoparas un veciño do lugar disposto a manter unha agradable conversa contigo; a espectacular praia de Montalbo, que neste albume veredes a últimas horas da tardiña, a illa da Lanzada, coa súa igrexa e unhas vistas perfectas, a illa de Tambo, nunha imaxe captada xusto cos azos do sol entre as nubes, por suposto a beleza de Pontevedra, tanto con panorámicas a toda a cidade, como imaxes nocturnas de lugares de gran factura, natural ou creada polo home, e por suposto un amplo reportaxe do casco histórico da cidade e entre todo esto os Muíños do río Barosa, dende logo un lugar digno de visitar e plasmar en imaxes.
Con este albume o Rincón trae un novo lugar da nosa terra en imaxes, unhas imaxes que fan que a galería xeral deste space esteña xa moi próxima as 3.000 instantáneas. Espero que este último albume que se acaba de por sexa do voso agrado e as imaxes no vos defrauden.
Un saúdo
Candia’86 Homenaxe a Pascual VeigaActos conmemoratios do Centenario do Himno Galego en Mondoñedo.
Pascual Veiga e o seu tempo
Mondoñedo acolle dende o día 20 e ate o 22 unhas xornadas das máis agardadas nos últimos tempos, por fin a figura de Pascual Veiga vai a recibir por parte da sociedade o tributo e recoñecemento que se merece.
O xoves 20 farase a presentación pública dos actos en homenaxe a figura do ilustre mindoniense, será as 16.45 no local do Centro Comarcal da Mariña Central.
Dende o xoves e ate o sábado, Mondoñedo vivira unhas serie de conferencias, táboas redondas, concertos e actos homenaxe para o enxalzamento e recoñecemento histórico da figuro de Pascual Veiga, compositor da música do Himno Galego.
O acto central das xornadas será o sábado 22 as 12.15, inaugurarase a exposición: “Himno Os Tempos Son Chegados”, haberá unha ofrenda floral e interpretación da Alborada de Veiga diante a súa tumba no cemiterio vello, seguidamente e xa na Alameda dos Remedios descubrirase un busto en nome do músico, así como soara a interpretación, no mesmo lugar, do Canto popular do Himno Galego por parte da Coral Mestre Pacheco.
Esperamos que con estas xornadas sexan vividas coa intensidade que se merece, xa que este gran ilustre mindoniense compuxo fai xa 100 anos a música da Alborada máis famosa do mundo enteiro, a Galega.
Candia’86 Desfruta o Nadal no Casino de MondoñedoO Casino de Mondoñedo, amenízanos o nadal con grandes veladas.
A primeira delas será o venres 21 co concerto de ANDRÉS SUAREZ, e ao remate da súa actuación terá lugar o “III gran karaoke do Nadal”.
A segunda cita co Casino mindoniense será a noite de fin de ano, as 2.00 h actuación do grupo ÉLITE.
E xa para rematar estas festas o día 5 de xaneiro noite de reis, terá lugar a típica “Cea-Baile” servida a iso das 22.30 h por Chao da Brea, e coa actuación de JOTA SANTANA (están a venda as tarxetas para acudir a cea, podes atopalas no Rincón de Mondoñedo)
Boas festas a tod@s
Candia’86 11/30/2007 1º concurso de tapas de MondoñedoDe tapas por Mondoñedo
Hoxe e maña podemos desfrutar do 1º concurso de tapas que se celebra na cidade de Mondoñedo; organizado pola ACIAM e coa participación de:
Bar Castro
Cervecería Abadía
Bar Central
A Bodeguiña
Mesón Os Arcos
A Tasca
O Novo Bar da Fontevella
O Rincón de Mondoñedo
O Padornelo
O Valeco
O Rei das Tartas (Praza da Catedral)
Bodegón a Catedral
A Tropicana
Cada un destes establecementos concursa con duas tapas que poderán ser degustadas durante a tarde noite de hoxe e durante o día de maña (excepto hoxe no Central e maña no Castro). O prezo de cada tapa é de 1,00 €.
Estas delicatesen que preparen os nosos hosteleiros ademáis participaran para a consecución dos tres premios que outorgara o concurso:
1 premio a mellor tapa tradicional
1 premio a mellor presentación
1 premio a tapa máis creativa.
Todas a deleitar o seu paladar co 1º concurso de tapas de Mondoñedo. Sorte a todos os establecementos colaborados.
Un saúdo
Candia'86 11/29/2007 Pub Tal e cualO pub Tal e Cual de Mondoñedo preséntanos as súas festas para esta ponte, recibamos con bo pe o nadal en Mondoñedo.
Venres 30: Bingo Tal e Cual!!! Por cada liña ganadora tres copas, e por un bingo premio base de 30 € + bote acumulado nos cartóns.
Mércores 5: a música máis moderna estará ao teu alcance: Winter Dance´07, poderás conseguilo no Tal e Cual.
Venres 7: Festa Barcadi Limón, desfruta deste doce sabor.
Xa sabedes, a desfrutar da ponte festiva e dar a benvida ao nadal en Mondoñedo, achegádevos ao pub Tal e Cual.
Candia'86
11/17/2007 Proxecto POLAFïAS en MondoñedoChega a cidade mindoniense o proxecto "POLAFÍAS", do cal tedes toda a información nos seguintes parágrafos. Grazas a D. Antonio Reigosa*, por facilitarnos toda esta información.
Comezan as POLAFÍAS, un proxecto da Aelg e a D.X. de Creación e Difusión Cultural. ____________________________________________________________________________
POLAFÍAS 2007 PRESENTACIÓN E CALENDARIO
As polafías son unha proxecto da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), coordinado polo Vogal de Literatura de Tradición Oral, Antonio Reigosa, que conta co patrocinio da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura e coa colaboración de diversas asociacións locais.
A palabra polafía é un neoloxismo referido ás reunións ou veladas de carácter festivo con contidos literarios e musicais, e ten como obxectivo primordial o de poñer en valor e rescatar do esquecemento o valioso patrimonio oral, literario e musical, galego.
O termo polafía quere reunir no seu significado o mellor dos diferentes matices e acepcións de vellas palabras (polavilas, fías, fiadas, fiandóns, seráns,...) con semellantes contidos.
A principal diferenza, en canto ao desenvolvemento, daquelas xuntanzas de antigo co desta nova proposta é que agora podemos, e debemos, axudarnos das novas tecnoloxías, desde os aparellos de gravación, que favorecen o arquivo e estudo do recompilado, ata o uso de novas tecnoloxías, caso de internet, que poden contribuír a unha ampla difusión deste patrimonio. O formato das polafías require a presenza dun mantedor, divulgador ou especialista que introducirá e comentará as principais características das pezas e xéneros literarios amosados; dun músico, que interpretará romances, coplas ou cantares de raiceiras tradicionais. Sen embargo, o elemento humano transcendental e imprescindible no desenvolvemento de cada polafía constituírano os homes e mulleres, narradores, cantadores, romanceadores...etc, serán os veciños de cada lugar onde se desenvolva a polafía, pois eles son os auténticos protagonistas. O que suceda nas polafías será gravado e logo difundido a través da web da AELG. As polafías terán unha duración de entre 70-80 minutos. Para este ano 2007 vanse desenvolver ao longo do mes de novembro e decembro nos lugares e datas que relacionamos:
POLAFÍA EN MONDOÑEDO (LUGO)
Lugar: Casa da Xuventude de Mondoñedo Data: sábado, 17 de novembro de 2007 Hora: 19 horas Interveñen: Divulgador: Antonio Reigosa Músico: Antón Castro Narrador/a oral: Elva Requeijo Colaboran: Concello de Mondoñedo e Asociación Cultural “Pena do Golpe”. ................................... * ANTONIO REIGOSA CARREIRAS
11/9/2007 2º ano na rede, O Rincón de Candia'86Amigos o Rincón de Candia’86, ven de cumprir esta mesma semana o seu SEGUNDO ANIVERSARIO NA REDE; un segundo ano cheo de novidades e co atractivo do aumento das visitas.
Novos álbum´s de fotos que se actualizan temporalmente, máis artigos, información de fora de Mondoñedo, lugares de interese turístico da Mariña con fotos, festas, eventos, deportes e unha nova sección que foi de gran acollida: Os videos do Rincón.
Cando o Rincón cumpría o seu primeiro ano, contaba por aquelas datas con pouco máis de 10.000 visitas, agora cando está a celebrar o seu 2º aniversario ten 30.000 visitas, o que ben a supoñer que no paso deste segundo ano tivo 20.000 entradas o dobre que no primeiro, todo un aliciente para continuar traendo ata este punto de Internet máis e máis información desta comarca.
Quero agradecervos a tod@s as vosas visistas a esta web, as vosas firmas no libro e tamén a os que pola rúa me comentades que estivestedes a facer unha visitiña por aquí, a tod@s GRAZAS.
Tamén agradecer unha vez máis as web´s amigas: www.mindonium.com e www.mondonedo.net¸ polo seu apoio, tamén outras web´s que teñen a esta enlazada:
kelbreakingrules.spaces.live.com/ deporteenmondonedo.blogspot.com www.blogoteca.com/noriegamindoniense/index.php
Agora a seguir traballando, este é xa o terceiro ano desta andaina na rede.
Sigo a agardavos con máis novas aquí no Rincón, grazas a tod@s.
Un saúdo
Candia’86 10/30/2007 A selección española de fútbol sala chega a MariñaA selección española de fútbol sala visita a Mariña de Lugo
Burela, 30 de outubro de 2.007
A cidade de Burela, próspera no fútbol sala, acolleu por primeira ver un partido da nosa selección.
España enfrontouse na tarde noite deste luns, en encontro amigable contra a selección de Romanía, o resultado final do choque foi de 4-1 para os vermellóns!!!.
Dende os primeiros compases do encontro España foi clara dominadora do choque, pero Romanía sabía moi ben como fecharse atrás, e as súas contras traían moito perigo ante a portería española; pero unha mala man dun xogador Rumano na súa area custoulles un penalti, o cal foi aproveitado por España para adiantarse no marcador. Pouco durou a ledicia, xa que de contado chegaría o que foi o mellor gol do encontro, o único de Romanía, pero de fermosa factura, de lanzamento directo de falta por todo a escadra, un gran gol; co marcador de 1-1 chegábase ao descanso.
Durante o tempo de lecer, os máis novos das categorías inferiores do Burela, deleitaron ao público, un total de 14 rapaces na pista do Vista Alegre, deixaron entrever que na cidade Pataqueira a tradición por este deporte vai a máis, iso si os máis cativos non tiveron atinados de cara o gol.
Xa no segundo tempo máis do mesmo, dominio de España, e unha Romanía moi ben cerrada atrás e con contras moi perigosas, inclusive se puido adiantar no marcador, non foi así, e na recta final do encontro tres grandes xogadas españolas significaron outros tantos goles, deixando o 4-1 final no marcador.
Moi bo xogo o visto en Burela, a selección non defraudou, aínda que cabe subliñar que se esperaba unha goleada maior, non puido ser, pero polo visto nas gradas a afición desfrutou moito. Un cheo absoluto, e moito moito ánimo a selección Nacional na súa visita a estas terras. A nota negativa do encontro, provocouna o xogador nacional Rumano nº 6, cando se revelou contra o público e o increpou nun dos corner´s, un xesto que se quedou so niso, e non desluciu para nada a festa do deporte rei. Ao final do encontro ovación para locais e visitantes.
Aquí vos deixo algunha fotos, pídovos perdón pola calidade das mesmas, foron sacadas co móbil.
Sorte a nosa selección para o Europeo de Portugal, e tamén sorte para o Burela – Pescados Rubén, ogalla este ano vaia a vencida e consiga o seu ascenso a división de honor do fútbol sala español.
Candia’86 10/25/2007 Resumo das S. Lucas 2.007S. Lucas 2.007
Un ano máis Mondoñedo foi un referente a nivel nacional durante as súas festas de S. Lucas; nesta edición 2.007, que foi moi criticada polo programa que se nos presentou. Ainda así puidemos ver de novo as inmensas mareas humanas que atraen as S. Lucas, catalogadas de interese turístico nacional.
O primeiro día, mércores 17 foron moitos os visitantes que se achegaron a ver a actuación de dúas grandes orquestras como son Panorama e Sintonía, así como a degustar o manxar por excelencia destas festas, o polbo, nesta xornada os mindonienses foron os que ata máis tarde se quedaron xa que na vindeira xornada o día 18 día grande era fes |